Saltar ao contido

Kubuntu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kubuntu GNU/Linux»)
Kubuntu


Tipodistribución de GNU/Linux e sistema operativo libre Editar o valor en Wikidata
Subclase deUbuntu Editar o valor en Wikidata
EpónimoUbuntu e Plasma (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LicenzaLicenza Pública Xeral de GNU Editar o valor en Wikidata
Baseado enUbuntu Editar o valor en Wikidata
Produción
Formato de distribuciónContido de descarga Editar o valor en Wikidata
Características
Plataformax86, x86-64 e ARM Editar o valor en Wikidata
Biblioteca de IUKDE Plasma 5 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Publicación8 de abril de 2005 Editar o valor en Wikidata
Creación8 de abril de 2005 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aJonathan Riddell (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorCanonical Ltd. Editar o valor en Wikidata
Contacto
Blog oficialkubuntu.org… Editar o valor en Wikidata
Páxina WEBkubuntu.org Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: kubuntu Editar o valor en Wikidata
Manualhelp.ubuntu.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Kubuntu904.PNG

Kubuntu é unha derivación oficial do sistema operativo Ubuntu, pero con KDE como contorno de escritorio.

Tal como se explica no sitio web de Kubuntu na wiki de Ubuntu: "O proxecto Kubuntu quere ser para KDE o que Ubuntu é para GNOME: Un sistema operativo integrado con tódalas características de Ubuntu, pero baseado no entorno de escritorio KDE. As novas versións de Kubuntu saen de maneira regular e predecible; faise unha nova versión cada vez que sae unha actualización de KDE".

Tódolos paquetes comparten os mesmos arquivos que Ubuntu.

Existen liveCD e CD de instalación para plataformas X86, PowerPC e AMD64. Tamén hai versións diarias dos CD.

Para poder centrarse en solucionar rapidamente os erros, conflitos de paquetes etc. decidiuse en Ubuntu eliminar certos paquetes do compoñente main, ben por non seren populares ben escollidos de forma arbitraria por gusto ou polas súas bases de apoio ao software libre.

Por tales motivos inicialmente KDE non contaba con máis soporte do que entregaban os mantedores de Debian nos seus repositorios, razón pola que a comunidade de KDE uniuse para distribuír a distro coñecida co nome de Kubuntu.

Lanzamentos

[editar | editar a fonte]

Cada lanzamento ten un nome en código composto por un adxectivo e o nome dun animal que comezan pola mesma letra e un número de versión baseado no ano e mes en que se remata (normalmente, cada seis meses):

Versión Data do lanzamento Nome en código
4.10 20 de outubro de 2004 Warty Warthog
5.04 8 de abril de 2005 Hoary Hedgehog
5.10 13 de outubro de 2005 Breezy Badger
6.06 LTS 1 de xuño de 2006 Dapper Drake
6.10 26 de outubro de 2006 Edgy Eft
7.04 19 de abril de 2007 Feisty Fawn
7.10 18 de outubro de 2007 Gutsy Gibbon
8.04 24 de abril de 2008 Hardy Heron
8.10 30 de outubro de 2008 Intrepid Ibex
9.04 23 de abril de 2009 Jaunty Jackalope
9.10 30 de outubro de 2009 Karmic Koala
10.04 LTS 29 de abril de 2010 Lucid Lynx
10.10 10 de outubro de 2010 Maverick Meerkat

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]