World Atlas of Language Structures
World Atlas of Language Structures | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Nome curto | WALS ![]() | ||
Tipo | software libre, base de datos e sitio web ![]() | ||
Parte de | Cross-Linguistic Linked Data (en) ![]() ![]() | ||
Personalidades | |||
Propietario/a | Sociedade Max Planck ![]() | ||
Fundador/a | colectivo ![]() | ||
Autor/a | colectivo ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2008 ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | wals.info ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O World Atlas of Language Structures (WALS) é unha base de datos das propiedades estruturais (fonoloxía, gramática, léxico) das linguas a partir de materiais descritivos.[1] Foi publicado orixinalmente por Oxford Prensa Universitaria como libro con CD-ROM en 2005, e tivo unha segunda edición en Internet en abril de 2008. É mantido polo Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva e pola Biblioteca Dixital Max Planck. Os editores son Martin Haspelmath, Matthew S. Dryer, David Gil e Bernard Comrie.[1]
O atlas achega información sobre a localización, a filiación lingüística e as características tipolóxicas dunha gran cantidade de linguas do mundo. Interactúa cos mapas de OpenStreetMap. A información do atlas publícase baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0 Internacional. Forma parte do proxecto Cross-Linguistic Linked Data organizado polo Max Planck Institute for the Science of Human History.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "WALS Online".
- ↑ "Cross-Linguistic Linked Data". Consultado o 2020-02-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)