Saltar ao contido

Fouce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de novembro de 2008 ás 19:00 por Albert galiza (conversa | contribucións)
Fouce.

A fouce (e o seu diminutivo para un tipo máis pequeno, o fouciño) é un instrumento de labranza composto por unha folla de aceiro curva e afiada pola súa parte cóncava, insertada nun mango de madeira. Este instrumento, que pode ter dentes como unha serra e ser de diferentes tamaños, serve para cortar e/ou segar herba ou cereais.