Saltar ao contido

Apoderamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de xullo de 2008 ás 17:23 por BanjoBot (conversa | contribucións) (Bot:Homoxeneizando inclusións de {{Ligazóns internas}})

A estratexia do empoderamento xurde das organizacións de mulleres dos países en desenvolvemento e consiste nun proceso mediante o cal as mulleres, individual e colectivamente, toman conciencia sobre a discriminación de xénero e gañan capacidade para participar e decidir en maior medida sobre as súas posibilidades vitais e as das súas comunidades.

O empoderamento non supón un proceso de suma cero polo cal unhas gañan poder exclusivamente en detrimento do poder doutros. Existen diferentes dimensións do empoderamento:

  • Cognitiva: a comprensión de que as condicións de subordinación das mulleres non son naturais, o coñecemento das súas causas e alternativas. Inclúe o coñecemento sobre a sexualidade, o traballo reprodutivo e os dereitos.
  • Psicolóxica: a superación das propias autolimitacións que se impoñen as mulleres (opresión internalizada), a través do desenvolvemento da autoestima e a autoconfianza.
  • Económica: o acceso ao traballo remunerado, ao ingreso e á independencia económica en xeral.
  • Política: a capacidade de analizar a realidade en termos políticos e sociais, organizarse e promover cambios sociais.