Saltar ao contido

Open Web Application Security Project

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de abril de 2008 ás 10:46 por 193.144.44.168 (conversa)

OWASP (acrónimo de Open Web Application Security Project, en inglés "Proxecto de seguridade de aplicacións web abertas") é un proxecto de código aberto dedicado a determinar e combater as causas que fan que o software sexa inseguro. A Fundación OWASP é un organismo sen ánimo de lucro que apoia e xestiona os proxectos e infraestrutura de OWASP. A comunidade OWASP está formada por empresas, organizacións educativas e voluntarios de todo mundo. Xuntos constitúen unha comunidade de seguridade informática que traballa para crear artigos, metodoloxías, documentación, ferramentas e tecnoloxías que se liberan e poden ser usadas de balde por calquera.