Resident Evil Code: Veronica
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Resident Evil Code: Veronica | |
---|---|
![]() | |
Tipo | videoxogo ![]() |
Xénero artístico | survival horror ![]() |
Franquía | Resident Evil ![]() |
Autoría | |
Compositor/a | Hijiri Anze ![]() |
Temática | |
Universo ficticio | universo de Resident Evil ![]() |
Personaxes
| |
Publicación | |
Data publicación | |
País orixe | Xapón ![]() |
Produtor/a | Shinji Mikami ![]() |
Editorial | Capcom ![]() |
Distribuidor/a | PlayStation Now, Microsoft Store e PlayStation Store ![]() |
Unidades vendidas | 1400000 (31 de marzo de 2022) 1140000 (31 de marzo de 2022) ![]() |
Formato de distribución | GD-ROM ![]() |
Número de | |
Parte da serie | Resident Evil ![]() |
Videoxogo | |
Desenvolvedor | Capcom ![]() |
Plataforma | Xbox 360, PlayStation 2, PlayStation 3, PlayStation Portable, Dreamcast, GameCube, Xbox One e PlayStation 4 ![]() |
Modo de xogo | videoxogo para un xogador ![]() |
Clasificación | PEGI ![]() CERO ![]() USK ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | capcom.co.jp… ![]() |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Resident Evil Code: Veronica é un videoxogo pertencente á serie de Resident Evil, creado e distribuído pola compañía nipoa Capcom. Orixinalmente foi lanzado para Dreamcast no ano 2000. Un ano despois apareceu unha nova versión chamada Resident Evil Code: Verónica X para Dreamcast (só no Xapón) e PlayStation 2. En 2003 saíu unha versión para GameCube e no ano 2009 unha para Wii.
Mecánica de xogo
[editar | editar a fonte]Code Veronica segue a mesma mecánica de xogo que as anteriores entregas de Resident Evil. Cunha cámara en terceira persoa, controlamos a Claire Redfield, irmá de Chris Redfield protagonista de Resident Evil e de Resident Evil 5. O obxectivo é esquivar diversas armas biolóxicas e resolver os enigmas para seguir avanzando.
Innovacións técnicas
[editar | editar a fonte]Resident Evil Code: Veronica é a primeira entrega desta saga para a sexta xeración de videoconsolas. Presenta unha maior calidade técnica cas anteriores entregas (debido á maior potencia das videoconsolas desta xeración). Por primeira vez empréganse fondos en tres dimensións xerados pola consola.
Argumento do xogo
[editar | editar a fonte]O xogo comenza con Claire encarcerada nunha illa propiedade da corporación Umbrella. Estas instalacións sofren un ataque por parte de forzas descoñecidas, que liberaron o virus T por todas as áreas. O virus T provoca a aparición de zombies e outras criaturas. Un dos empregados de Umbrella, ferido de gravidade, abre a cela de Claire. Ela abandona a prisión, atravesa o cemiterio e chega aos barracóns do persoal. Neste traxecto coñece a Steve Burnside, outro preso. Colaborando con el, é quen de chegar ata un avión co que escapar. Tras fuxir da illa con Steve, chega aos laboratorios antárticos de Umbrella. Neles reúnese co seu irmán Chris. Averigüan que o responsable do ataque é un vello coñecido: Albert Wesker, implicado nos acontecementos que toman lugar en Resident Evil. Mentres, Alfred Ashford, membro da corporación Umbrella consegue espertar a súa irmá Alexia Ashford dun coma inducido. Alexia atopábase en coma inducido suspendida nunha solución cunha variante do virus T, o virus T-Verónica. Tras espertar, posúe habilidades psíquicas e facultades mentais extraordinarias. Tenta acabar con Wesker e con Chris, pero é eliminada por este último. Tras matar a Alexia, Chris trata de fuxir destes laboratorios coa súa irmá. Antes de escapar, loita con Wesker pero consegue zafarse e reúnese coa súa irmá. Ambos foxen nun caza de combate.