Saltar ao contido

Medalla Leeuwenhoek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de agosto de 2024 ás 08:05 por Estevoaei (conversa | contribucións)
O microscopista Anton van Leeuwenhoek.

A Medalla Leeuwenhoek foi establecida en 1877 pola Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos (Koninklijke Nederlandse Akademie van Wetenschappen, KNAW) na honra do microscopista holandés Anton van Leeuwenhoek. Concédese cada dez ou doce anos ao científico ou científica que fixo a contribución máis significativa á microbioloxía durante a década anterior.

Ata a edición de 2003 o premio outorgouno a KNAW, pero a partir da edición de 2015 o premio está organizado pola Real Sociedade Neerlandesa de Microbioloxía (Koninklijke Nederlandse Vereniging voor Microbiologie, KNVM).[1] En 2023 a profesora estadounidense Jillian Banfield converteuse na primeira muller en recibir este premio.[2]

Notas

  1. "van Leeuwenhoek Medal" (en inglés). Consultado o 2024-01-14. 
  2. "van Leeuwenhoek Medal 2023" (en inglés). Consultado o 2024-01-14.