Saltar ao contido

Medalla Leeuwenhoek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de agosto de 2024 ás 07:21 por Fis-mulleres (conversa | contribucións)
El pionero microscopista Anton van Leeuwenhoek, en cuyo honor se otorga la medalla homónima.

A Medalla Leeuwenhoek foi establecida en 1877 pola Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos ( Koninklijke Nederlandse Akademie van Wetenschappen, KNAW) na honra do microscopista holandés Anton van Leeuwenhoek . Concédese cada dez ou doce anos ao científico ou científica que fixo a contribución máis significativa á microbioloxía durante a década anterior.

Ata a edición de 2003 o premio foi outorgado pola KNAW, pero a partir da edición de 2015 o premio está organizado pola Royal Dutch Society of Microbiology ( Koninklijke Nederlandse Vereniging voor Microbiologie, KNVM). [1] En 2023, a medalla foi concedida á profesora estadounidense Jillian Banfield, a primeira muller en recibir este premio. [2]

Notas

  1. "van Leeuwenhoek Medal" (en inglés). Consultado o 2024-01-14. 
  2. "van Leeuwenhoek Medal 2023" (en inglés). Consultado o 2024-01-14.