Saltar ao contido

Open Web Application Security Project

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de xuño de 2024 ás 18:42 por A09 (conversa | contribucións) (Desfíxose a edición de 2600:1006:B139:8F9B:98E1:46BA:7CEE:2661 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O Open Web Application Security Project (OWASP, en inglés "Proxecto aberto de seguridade de aplicacións web"), é un proxecto de código aberto dedicado a determinar e combater as causas que fan que o software sexa inseguro.

A Fundación OWASP é un organismo sen ánimo de lucro que apoia e xestiona os proxectos e infraestrutura de OWASP. A comunidade OWASP está formada por empresas, organizacións educativas e voluntarios de todo mundo. Xuntos constitúen unha comunidade de seguridade informática que traballa para crear artigos, metodoloxías, documentación, ferramentas e tecnoloxías que se liberan e poden ser usadas de balde por calquera.