Saltar ao contido

Open Web Application Security Project

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de xuño de 2024 ás 13:43 por 2600:1006:b139:8f9b:98e1:46ba:7cee:2661 (conversa) (fIxed typo)

O Open Web Application Security Project (OWASP, en inglés "Proxecto aberto de seguridade de aplicacións web"), é un proxecto de código aberto dedicado a determinar e combater as causas que fan que o software sexa inseguro.

A comunidade OWASP está formada por empresas, organizacións educativas e voluntarios de todo mundo. Xuntos constitúen unha comunidade de seguridade informática que traballa para crear artigos, metodoloxías, documentación, ferramentas e tecnoloxías que se liberan e poden ser usadas de balde por calquera.