Australopithecus afarensis
| Australopithecus afarensis | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
| ||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
| ||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Australopithecus afarensis | ||||||||||||
O Australopithecus afarensis foi unha especie homínida que viviu hai entre 4 e 2,9 millóns de anos. O 30 de novembro de 1974 (outras fontes dan a data do 24 de novembro).
Donald Johanson e o seu equipo descubriu en Hadar, na Depresión afar (Etiopía), un esqueleto case completo dunha femia homínida de 3,18 millóns de anos, á que lle deron o nome de Lucy (AL 288-1), pola canción que escoitaban, Lucy in the Sky with Diamonds dos Beatles, no momento de celebrar a descuberta. En 1978 denominaron á especie Australopithecus afarensis. As pisadas de Laetoli, dunha antigüídade de 3,7 millóns de anos, realizáronas individuos desta especie.
Ata o momento descubríronse restos duns 300 individuos, todos na rexión do Gran Val do Rift. O seu cerebro era pequeno (430 cm³), semellante ó dun chimpancé, pero claramente bípede e con molares e dentes pequenos. A especie presenta un claro dimorfismo sexual: as femias tiñan unha altura de 1,2 m e 30 kg de peso e os machos 1,5 m e 45-50 kg. As extremidades superiores eran máis longas cas inferiores, o que lle daba un aspecto simiesco.