Revisión feita o 19 de setembro de 2022 ás 22:52 por InternetArchiveBot(conversa | contribucións)(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2)
Codes and Keys é o o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativoDeath Cab for Cutie, publicado o 31 de maio de 2011 a través dos selos Atlantic Records e Barsuk Records. Tanto Ben Gibbard como Nick Harmer dixeron que o disco sería "un álbum moito menos centrado na guitarra".[1] O primeiro sinxelo, "You Are a Tourist", estivo dispoñible en liña para streaming o 28 de marzo de 2011 na páxina oficial da banda e o disco estivo dispoñible en streaming o 23 de maio en NPR.[2] O disco estreouse no número 3 da lista Billboard 200, con 102 000 copias vendidas na súa primeira semana. En marzo de 2015 levaba vendidas 283 000 copias nos Estados Unidos.[3] O 30 de novembro de 2011 o traballo foi nomeado ao premio Grammy ao "Mellor álbum de música alternativa".
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Ben Gibbard, agás "Home Is a Fire", "Unobstructed Views" e "Underneath the Sycamore, compostas por Gibbard e Chris Walla.
↑"Upcoming Releases | HITS Daily Double". web.archive.org. 2015-03-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2015. Consultado o 2019-11-06.|urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)