Saltar ao contido

Apache OpenOffice Writer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de novembro de 2007 ás 13:23 por BanjoBot (conversa | contribucións) (Cambiando Image -> Imaxe)

OpenOffice.org Writer é un procesador de texto que forma parte do conxunto de aplicacións libres de oficina OpenOffice.org que se pode descargar desde internet. Soporta o formato propietario .doc de Microsoft Word case na súa totalidade, ademais dotros formatos clásicos de documentos. O seu formato nativo de ficheiro está en formato en XML. Pode exportar a ficheiros PDF nativamente sen usar programas intermedios. É multiplataforma como a suite ofimática OpenOffice.org, da que fai parte.

Ficheiro:Ofw.png
OpenOffice.org Writer

A versión estable 1.1.5, agora considerada "anticuada", non ten grande atractivo en canto a aparencia, mais as versións 2.x (tamén descargables dende a súa página web) nada teñen que envexarlle ó coñecido Microsoft Word, xa que é compatible cos seus documentos e é tanto ou máis doado de usar.

Writer é tamén un potente editor HTML tan fácil de usar como un documento de texto. Só con entrar no menú Ver e seleccionar "Deseño para internet" cambia o formato do cadro de texto, semellándose a una páxina web, que se pode editar da misma maneira que se fuera un procesador de textos. Con el tamén se poden facer etiquetas, así como tarxetas de presentación facilmente, sen ter que modificar o formato dun documento de texto para isto. Tamén ten unha galería de imaxes, texturas e botóns.

Totalmente configurable, pódese modificar calquera opción de páxina, botóns, barras de ferramentas e outras opcións de lingua, autocorrección, ortografía, etc. Existe un corrector gramatical de galego chamado Golfiño.

Ademais pode protexer documentos con contrasinais, gardar versións do mesmo documento, inserir imaxes, obxectos OLE, admite sinaturas dixitais, símbolos, fórmulas, táboas de cálculo, gráficos, hiperenlaces, marcadores, formularios, etc.

Formatos

Pódense gardar en 21 formatos de arquivos de texto:

  1. Texto en formato OpenDocument (.odt)
  2. Plantilla de texto en formato OpenDocument (.ott)
  3. Documento de OpenOffice.org 1.0 (.sxw)
  4. Plantilla de documento de OpenOffice.org (.stw)
  5. Microsoft Word 97/2000/XP (.doc)
  6. Microsoft Word 95 (.doc)
  7. Microsoft Word 6.0 (.doc)
  8. Rich Text Format (.rtf)
  9. StarWriter 5.0 (.sdw)
  10. Plantilla de StarWriter 5.0 (.vor)
  11. StarWriter 4.0 (.sdw)
  12. Plantilla StarWriter 4.0 (.vor)
  13. StarWriter 3.0 (.sdw)
  14. Plantilla StarWriter (.vor)
  15. Texto (.txt)
  16. Texto codificado (.txt)
  17. Documento HTML (OpenOffice.org Writer) (.html)
  18. AportisDoc (Palm) (.pdb)
  19. DocBook (.xml)
  20. Microsoft Word 2003 XML (.xml)
  21. Pocket Word (.psw)

Catro tipos de documentos maestros:

  1. Documento maestro en formato OpenDocument (.odm)
  2. Documento maestro de OpenOffice (.sxg)
  3. Documento maestro de StarWriter 4.0 (.sgl)
  4. Documento maestro de StarWriter 3.0 (.sgl)
  5. Texto codificado (Documento de OpenOffice.org) (.txt)

Ademais pode exportar a:

  1. Formato pdf desde as versions 2.x convirte tamén marcadores e hiperenlaces
  2. Formato XML