Demo
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Lameiro (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |

Un demo é, segundo o cristianismo, un anxo que se rebelou contra Deus e que pasou a loitar pola perdición da humanidade. Na antigüidade, porén, o termo tiña outra connotación, referíase a un xenio que inspiraba os individuos tanto para o ben coma para o mal.[1]
Nas relixións do Oriente Medio, así como nas derivadas das tradicións abrahámicas, incluíndo a demonoloxía medieval cristiá, un demo é considerado un "espírito impuro", o cal pode causar unha posesión demoníaca e pode ser expulsado polo ritual do exorcismo. No ocultismo de Occidente e a maxia renacentista (unha mestura de maxia greco-romana, demonoloxía xudía e tradición cristiá), un demo é unha entidade espiritual que pode ser conxurada e controlada. Na literatura moitos dos demos foron anxos caídos.
Etimoloxía
O termo «demo» vén do grego δαιμών (transliteración: daimōn), a través do termo latino daemonium, designando un espírito moi sabio.
O demo en Galicia
En Galicia, o demo recibe numerosas denominacións populares: abelurio, cachán, cachano, cachizo, demachiño, démaro, demiño, demócharo, democho, demóncaro, demonche, demoncre, demontre, demóñaro, demoño, demoro, déncaro, dencho, déngaro, denllo, dentre, deño, diabo, diabro, diantre, diaño, mafarrico, rabeno, rabudo, resalgario, sucio, trasno, xuncras ou zucio. Tamén se lle denomina mediante nomes propios, como Donai, Leonardo, Pedro, Perecho, Perello, Perete, Xan ou Xan Moxico. E, finalmente, denominacións eufemísticas coas que se pretende non pronunciar o seu nome, por se abrise a porta á súa posesión: o das botas, o dos dentes longos, o pecado, o rabudo, papá xarriña [2].
Notas
- ↑ "NPNF1-02. St. Augustine's City of God and Christian Doctrine - Christian Classics Ethereal Library". www.ccel.org (en inglés). Consultado o 2018-02-08.
- ↑ Todos estes nomes do demo cóllense das seguintes fontes: DRAG, Xosé Luís Franco Grande, Eladio Rodríguez González e Vítor Vaqueiro.
Véxase tamén
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Demo |
Bibliografía
- [Xosé Luís Franco Grande]] (1972): Diccionario galego-castelán, Galaxia, Vigo [en Diccionario de diccionarios]
- Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo.
- Vítor Vaqueiro (2011): Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo, s.v. demo.