Saltar ao contido

Cherenkov Telescope Array

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de setembro de 2019 ás 17:31 por Agremon (conversa | contribucións)

O Cherenkov Telescope Array (nome en inglés da Matriz de Telescopio Cerenkov, con acrónimo CTA) é un instrumento de nova xeración de investigación da radiación de Cerenkov.

Características

Está enfocado á combinación da aproximación experimental e observacional no estudo de raios gamma de altas enerxías no universo. Supón a colaboración de xente de 31 países e máis de 100 telescopios de diversos tamaños. Estudará raios cósmicos nun rango de vinte mil millóns de eV a 300 billóns de eV. En 2019 está en fase de construción en Chile e as illas Canarias.[1] Espérase que estéea totalmente operativo a mediados da década de 2020.

Notas

  1. Daley, Jim. "A new way to study high-energy gamma rays". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-06.