Saltar ao contido

Cherenkov Telescope Array

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de setembro de 2019 ás 16:05 por Agremon (conversa | contribucións) (Notas: 30em)

O Cherenkov Telescope Array, (CTA, Matriz de Telescopio Cerenkov) é un instrumento de nova xeración de investigación da radiación de Cerenkov. En 2019 está en fase de construción en Chile e illas Canarias.[1] Está enfocado á combinación da aproximación experimental e observacional no estudo de raios gamma de altas enerxías no universo.

Supón a colaboración de xente de 31 países e máis de 100 telescopios de diversos tamaños. Estudará raios cósmicos nun rango de vinte mil millóns de eV a 300 billóns de eV. Espérase que esté totalmente operativo a mediados dos 2020.

Notas

  1. Daley, Jim. "A new way to study high-energy gamma rays". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-06.