Apoderamento
Aparencia
A estratexia do empoderamento xurde das organizacións de mulleres dos países en desenvolvemento e consiste nun proceso mediante o cal as mulleres, individual e colectivamente, toman conciencia sobre a discriminación de xénero e gañan capacidade para participar e decidir en maior medida sobre as súas posibilidades vitais e das súas comunidades.
O empoderamento non supón un proceso de suma cero polo cal unhas gañan poder exclusivamente en detrimento do poder doutros.Existen diferentes dimensións do empoderamento:
Cognitiva: a comprensión de que as condicións de subordinación das mulleres non son naturais, o coñecemento das súas causas e alternativas. Inclúe o coñecemento sobre a sexualidade, o traballo reproductivo e os dereitos. Psicolóxica: a superación das propias autolimitacións que se impoñen as mulleres opresión internalizada), a través do desenvolvemento da autoestima e a autoconfianza. Económica: o acceso ao traballo remunerado, ao ingreso e á independencia económica en xeral. Política: supón a capacidade de analizar a realidade en termos políticos e sociais, organizarse e promover cambios sociais.