Saltar ao contido

DAPI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DAPI
Identificadores
Número CAS 28718-90-3
PubChem 2954
ChemSpider 2848
ChEBI CHEBI:51231
ChEMBL CHEMBL48217
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C16H15N5
Masa molar 277,32 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O DAPI ou 4′,6-diamidino-2-fenilindol é unha tinguidura fluorescente que se une fortemente a rexións ricas en adeninatimina no ADN. É amplamente utilizado en microscopía de fluorescencia. Como o DAPI pode atravesar unha membrana celular intacta, pode utilizsarse tanto con células vivas coma fixadas, aínda que pasa con máis dificultade polas membranas de células vivas, orixinando unha tinguidura menos efectiva.

Historia

O DAPI foi sintetizado por primeira vez en 1971 no laboratorio de Otto Dann como parte dunha investigación sobre fármacos para tratar a tripanosomiase. Aínda que probou ser insatisfactorio como fármaco, posteriores investigacións indicaron que se unía fortemente ao ADN e faise máis fluorescente cando está unido. Isto fixo que se utilizase para identificar o ADN mitocondrial en ultracentrifugación en 1975, o primeiro uso rexistrado do DAPI como unha tingidura de ADN fluorescente.[1]

A forte fluorescencia que mostra cando se une ao ADN levou á súa rápida adopción do DAPI para a tinguidura fluorescente do ADN por microscopía de fluorescencia. O seu uso para detectar o ADN en células de plantas, metazoos e bacterias e partículas de virus foi demostrado a finais da década de 1970, e a tinguidura cuantitativa do ADN no interior das células demostrouse en 1977. O uso do DAPI como tinguidura do ADN para citometría de fluxo foi tamén demostrado nesa época.[1]

Propiedades fluorescentes

Alternativas

Células endoteliais tinguidas con DAPI (azul), faloidina (vermello) e por medio de inmunofluorescencia por un anticorpo unido ao fluoresceína isotiocianato (FITC) (verde).

As tinguiduras Hoechst son similares ao DAPI en que son ambas tinguiduras para o ADN azuis fluorescentes compatibles para aplicacións con células vivas ou fixadas, así como son visibles usando o mesmo equipamento de filtro.

Notas

  1. 1,0 1,1 Kapuscinski, J. (September 1995). "DAPI: a DNA-specific fluorescent probe". Biotech. Histochem. 70 (5): 220–233. PMID 8580206. doi:10.3109/10520299509108199. 

Véxase tamén

Outros artigos