Galinux-Slax
Aparencia
- Non confundir con Galinux-Ubuntu.
Galinux-Slax é unha distribución GNU/Linux (en adiante só Linux) baseada noutra distribución chamada Slax (Slackware). O máis especial de Galinux-Slax é que se pode instalar coexistindo con Windows XP no mesmo disco duro sen modificar o inicio nin facer particións.
Nie widzialna jedynka
Programas incluídos
- Ensino: Editor e reprodutor de actividades Clic, actividades interactivas de física e matemáticas, xogo do aforcado, repaso de latín, alfabetos internacionais, formas verbais do castelán, adestrador de vocabulario, asociar tarxetas e termos, quebrados, figuras xeométricas, calculadora científica, trazador de funcións, planetario, táboa periódica, lectura de notas musicais, actividades infantil e primaria Atnag, titorial de mecanografía, anagramas e editor de exames e tests. Para informática e desenvolvemento tamén hai ferramentas para tradutores, programación en Logo, editores de páxinas web e outros.
- Internet: Navegadores Firefox, SeaMonkey, Opera e Konqueror, intercambio P2P, voz sobre IP, mensaxería, Google Earth e xestores de correo electrónico.
- Multimedia e controladores: Java, Flash, programas de edición gráfica, de música e son, reprodutores multimedia, edición de imaxes ISO, decodificadores e controladores para distintos tipo de arquivos e hardware.
- Ofimática: Suites OpenOffice.org e Koffice con correctores (galego), publicacións con Scribus e procesador de textos independente (Abiword).
- Seguridade: antivirus, firewall e escritura en discos/particións NTFS (deshabilitada por defecto).
- Outros: Ferramentas de xestión de discos duros/particións, emulador de sistemas operativos, ferramentas de desenvolvemento, de servidor (PHP, MySQL, FTP etc.) e moitos xogos.