Saltar ao contido

Psephoderma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de febreiro de 2019 ás 11:13 por Breogan2008 (conversa | contribucións) (Creada como tradución da páxina "Psephoderma")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Psephoderma (pel de pelouros) é un xénero dos placodontes que era moi semellante ós seus familiares Placochelys e Cyamodus. Psephoderma tiña un cranio aplanado. Dentro deste cranio, incrustado na mandíbula, tiñan dentes especializados para moer o marisco que comía. A diferenza da maioría de placodontes, o Psephoderma tiña unha cuncha dividida en dúas partes, unha sobre os ombreiros e o lombo, e outra na parte traseira. O Psephoderma podía medrar até 200 cm de longo e viviu a finais do Triásico, hai uns 210 millóns de anos. Foi un dos derradeiros placodontes que existiu.