Saltar ao contido

Kode9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 2 de xullo de 2018 ás 12:01 por Breogan2008 (conversa | contribucións) (Creada como tradución da páxina "Kode9")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Kode9 (nado como Steve Goodman en Glasgow, Escocia) é un músico radicado en Londres dedicado á música electrónica como produtor, DJ e dono do selo discográfico Hyperdub. O MC The Spaceape adoitaba colaborar habitualmente con el.

A súa carreira inspírase no que algúns xornalistas e produtores deron en chamar o "hardcore continuum", aínda que tamén toma elementos da música dub. É un dos primeiros impulsores da escena dubstep (que el ve como unha continuación de toda unha serie de desenvolvementos cuxa orixe está no UK hardcore). Aparece no recompilatorio Grime publicado por Rephlex, e publicou o álbum longo Memories of the Future (feat. The Spaceape) no seu propio selo Hyperdub.

Kode9 ten un doutoramento en filosofía pola Universidade de Warwick e publicou un libro, Sonic Warfare: Sound, Affect, and the Ecology of Fear.