Saltar ao contido

Gentoo Linux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de setembro de 2007 ás 17:51 por Banjo (conversa | contribucións) (traduzo dende es:Gentoo Linux)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Modelo:Infobox SO

Escritorio Gnome funcionando sobre Gentoo Linux

Gentoo Linux é unha distribución GNU/Linux orientada a usuarios con certa experiencia neste sistema operativo.

O nome Gentoo provén do nome en inglés do pingüín papúa. Nótese que a mascota de Linux é un pingüín.

Características

Portage

A pedra angular de Gentoo é Portage, un sistema de distribución de software baseado en Ports de BSD. Portage consiste nunha árbore local, que contén as descricións dos paquetes de software, así como os scripts necesarios para instalalos.

Binarios

Unha vantaxe de Gentoo é que as versións de software actualízanse de forma continua, a diferenza doutras distribucións onde os paquetes pasan meses en comprobación. Iso permite ter un sistema coas últimas versións de todo o software. Pola contra, aínda que é algo pouco habitual, ás veces o uso de versións do software insuficientemente comprobadas dá como resultado bugs que poden supor un risco para servidores de produción.

Distribucións basadas en Gentoo

Véxase Tamén

Ligazóns Externas