Saltar ao contido

Morte celular programada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de outubro de 2016 ás 17:00 por Miguelferig (conversa | contribucións) (traducido de en:Programmed cell death)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A morte celular programada (MCP) é un programa intracelular que leva á morte dunha célula de diversas formas.[1][2] A morte celular programada lévase a cabo por medio dun proceso biolóxico regulado, que xeralmente confire vantaxes durante o ciclo de vida dun organismo. Por exemplo, a diferenciación dos dedos e dedas durante o desenvolvemento embrionario humano ocorre porque as células situadas entre os dedos (que inicialmente están unidos) sofren apoptose, e o resultado é que os dedos quedan separados. A MCP desempeña funcións fundamentais durante o desenvolvemento dos tecidos e plantas e animais.

A apoptose e a autofaxia son as principais formas de morte celular programada, mentres que a necrose considérase un procesonon fisiolóxico que ocorre como resultado dunha infección ou lesión.[3] A necrose é a morte dunha cáleula causada por factores externos, como traumas ou infeccións e ocorre de diferentes maneiras. Recentemente descubriuse unha forma de necrose programada, chamada necroptose,[4] que foi considerada como unha forma alternativa de norte celular programada. Hipotetízase que a necroptose pode servir como un seguro de reserva da morte celular por apoptose, usado cando a sinalización da apoptose é bloqueada por factores externos e internos, como virus ou mutacións. Máis recentemente, descubríronse outros tipos de necrose regulada, que comparten varios eventos de sinalización coa necroptose e a apoptose.[5]

Historia

Notas

  1. Engelberg-Kulka H, Amitai S, Kolodkin-Gal I, Hazan R (2006). "Bacterial Programmed Cell Death and Multicellular Behavior in Bacteria". PLoS Genetics 2 (10): e135. PMC 1626106. PMID 17069462. doi:10.1371/journal.pgen.0020135. 
  2. Green, Douglas (2011). Means To An End. New York: Cold Spring Harbor Laboratory Press. ISBN 978-0-87969-887-4. 
  3. Kierszenbaum, Abraham (2012). Histology and Cell Biology - An Introduction to Pathology. Philadelphia: ELSEVIER SAUNDERS. 
  4. Degterev, Alexei; Huang, Zhihong; Boyce, Michael; Li, Yaqiao; Jagtap, Prakash; Mizushima, Noboru; Cuny, Gregory D.; Mitchison, Timothy J.; Moskowitz, Michael A. (2005-07-01). "Chemical inhibitor of nonapoptotic cell death with therapeutic potential for ischemic brain injury". Nature Chemical Biology 1 (2): 112–119. ISSN 1552-4450. PMID 16408008. doi:10.1038/nchembio711. 
  5. Vanden Berghe T,Linkermann A, Jouan-Lanhouet S, Walczak H, Vandenabeele P, (2014). "Regulated necrosis: the expanding network of non-apoptotic cell death pathways". Nat Rev Mol Cell Biol 15 (2): 135–147. doi:10.1038/nrm3737. 

Outros artigos

Véxase tamén

= Bibliografía

  • Srivastava, R. E. in Molecular Mechanisms (Humana Press, 2007).
  • Kierszenbaum, A. L. & Tres, L. L. (ed Madelene Hyde) (ELSEVIER SAUNDERS, Philadelphia, 2012).

Ligazóns externas