Saltar ao contido

ActionScript

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 2 de outubro de 2016 ás 21:24 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Ligazóns externas: Arranxos varios)

O ActionScript é unha linguaxe de programación baseada en ECMAScript, usada para controlar filmes e aplicacións do Macromedia Flash. Visto que o JavaScript e o ActionScript baséanse na mesma sintaxe de ECMAScript, ambos os dous tradúcense entre si doadamente. Contodo, o modelo de cliente é diferente: mentres o JavaScript traballa con xanelas, documentos e formularios, o ActionScript traballa con películas, campos de texto e son.

Véxase tamén

Ligazóns externas