Dnipro


Dnipro (en ucraíno: Дніпро antes chamada Екатериносла́въ, Ekaterinoslav, é unha cidade de Ucraína situada ás beiras do río Dniéper, capital da óblast de Dnipro.
Pola súa extensión, trátase da terceira cidade do país, e é un importante centro comercial, industrial e económico de Ucraína. Posúe un gran desenvolvemento tecnolóxico no sector da metalurxia, do armamento e da construción de maquinaria.
Tamén é coñecida como o principal centro aeronáutico do país.
Historia

A nova Dnipro foi fundada en 1776 polo príncipe ruso Grigori Potiomkin por orde de Catarina II de Rusia e foi chamada entre ese ano e 1926 Еkаtеrinoslav.
As fortificacións militares que existen actualmente na cidade existen desde mediados do século XVI.
No estilo arquitectónico das rúas e prazas do centro da cidade consérvanse aínda as pegadas do clasicismo ruso dos séculos XVIII e XIX. Tamén se observan restos de modernismo de inicios do século XX e da monumental arquitectura que caracterizou os anos do Goberno de Stalin, entre 1930 e 1950.
Deportes
O FC Dnipro Dnipro, o equipo de fútbol da cidade, milita actualmente na Premier Liha, que é a primeira división do fútbol dese país.
Transportes
A cidade de Dnipro ten un sistema de transporte formado por tranvías, unha rede de liñas de autobuses, trolebuses eléctricos e marshrutkas (minibuses privados). Ademais, a cidade conta cun sistema de metro, o Metro de Dnipro, que foi aberto ao público en 1995 e dispón de seis estacións repartidas nunha única liñaa de metro.
Por outra parte, a 15 km ao sueste da cidade se encóntrase o Aeroporto Internacional de Dnipro.
Véxase tamén
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dnipro |
Ligazóns externas
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |