PHP
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
PHP | |
---|---|
![]() | |
Paradigma | multiparadigma |
Data | 1995 |
Deseñador | Rasmus Lerdorf |
Desenvolvedor | PHP Group |
Última versión | 5.4.5 |
Tipo de dato | dinámico |
Influído por | C, C++, Perl, Java, Python |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Licenza | PHP License 3.01 |
Web | www.php.net |
PHP era orixinalmente o acrónimo de "Personal Home Pages" ("Páxina web persoal") e posteriormente o acrónimo recursivo de "PHP Hypertext Preprocesor" (Pre-procesador de Hipertexto PHP). PHP é unha linguaxe de programación de computadores interpretada, libre e moi utilizada para xerar contido dinámico na Web.
A linguaxe apareceu no ano 1994, como un subconxunto de scripts en Perl creados por Rasmus Lerdof. Coas adicións de Zeev Suraski e Andi Gutmans, dous programadores israelitas pertencentes ao Technion, o instituto israelita de tecnoloxía, que reescribiron o parser, foi lanzada en 1997 como PHP 3, primeira versión estábel e parecida á linguaxe actual. En maio de 2000 fíxose pública a versión 4, e en xullo de 2004, a versión 5.
Características
Trátase dunha linguaxe extremamente modularizada, o que a torna ideal para instalación e uso en servidores web. É moi parecida, en tipos de dados, sintaxe e mesmo funcións, coa linguaxe C. e coa C++. (A partir da versión 5, inclusive, PHP conta cun suporte maior á orientación a obxectos.) Pode ser, dependendo da configuración do servidor, embutida no código HTML. Ademais diso, destácase a extrema facilidade con que PHP lida con servidores de base de datos, como MySQL, Microsoft SQL Server e Oracle.
Existen versións do PHP disponibles para ambientes Windows e Linux. A Wikipedia funciona sobre un software enteiramente escrito en PHP, usando bases de dados MySQL, o MediaWiki.
Construir unha páxina dinámica baseada en bases de dados é simples con PHP, xa que este fornece suporte a un gran número de bases de dados: Oracle, Sybase, PostgreSQL, InterBase, MySQL, SQLite, MSQL etc, podendo abstrair o Banco coa biblioteca ADOdb, entre outras.
PHP ten suporte aos protocolos IMAP, SNMP, NNTP, POP3, HTTP, LDAP, XML-RPC, SOAP. É posíbel abrir sockets e interactuar con outros protocolos. E as bibliotecas de terceiros expanden aínda máis estas funcionalidades.
É moi frecuente a creación de sitios web utilizando o sistema operativo Linux, o servidor web Apache, a base de datos MySQL e a linguaxe de guións PHP, nunha combinación coñecida polo acrónimo LAMP. Se, en vez de Linux se emprega Windows fálase de WAMP.
Historia
Foi orixinalmente deseñado en Perl, coa base na escritura dun grupo de CGI binarios escritos na linguxee C polo programador danés-canadense Rasmus Lerdorf no ano 1994 para mostrar o seu currículum vítae e gardar certos datos, coma a cantidade de tráfico que a súa páxina web recibía. O 8 de xuño do 1995 foi publicado "Personal Home Page Tools" despois de que Lerdorf o combinara co seu propio Form Interpreter para crear PHP/FI.
Dous programadores israelís do Technion, Zeev Suraski e Andi Gutmans, reescribiron o analizador sintáctico (parser en inglés) no ano 1997 e crearon a base do PHP3, cambiando o nome da linguaxe a forma actual. Inmediatamente comezaron experimentacións públicas de PHP3 e foi publicado oficialmente en xuño de 1998.
Para 1999, Suraski e Gutmans reescribiron o código de PHP, producindo o que hoxe se coñece como motor Zend. Tamén fundaron Zend Technologies en Ramat Gan, Israel.
En maio de 2000 PHP 4 foi lanzado baixo o poder do motor Zend Engine 1.0. O día 13 de xuño de 2007 anunciouse a suspensión do soporte e desenvolvemento da versión 4 de PHP,[1] a pesar do anunciado liberouse unha nova versión con melloras de seguridade, a 4.4.8 publicada o 13 de xaneiro do 2008 e posteriormente a versión 4.4.9 publicada o 7 de agosto do 2008.[2] Según esta noticia [1] darase soporte a fallos críticos ata o 9 de agosto de 2008.
O 13 de xuño de 2004, foi lanzado PHP 5, utilizando o motor Zend Engine 2.0 (o Zend Engine 2). Inclue todas as ventaxes que provee o novo Zend Engine 2 como:
- Mellor soporte para a programación orientada a obxectos, que en versións anteriores era extremadamente rudimentario.
- Melloras de rendemento.
- Mellor soporte para MySQL con extensión completamente reescrita.
- Mellor soporte a XML (XPath, DOM etc.).
- Soporte nativo para SQLite.
- Soporte integrado para SOAP.
- Iteradores de datos.
- Manexo de excecións.
- Melloras coa implementación con Oracle.
Historial de lanzamiento
Significado | |
---|---|
Vermello | Sen soporte |
Verde | Con soporte |
Azul | Lanzamiento futuro |
Versión maior | Versión menor | Data de lanzamiento | Notas |
---|---|---|---|
1 | 1.0.0 | 1995-06-08 | Chamada oficialmente "Personal Home Page Tools (PHP Tools)". É a primeira versión en usar o nome "PHP".[3] |
2 | 2.0.0 | 1997-11-01 | Considerada polos seus creadores a "ferramenta máis rápida e sinxela" para crear páxinas web dinamicas.[3] |
3 | 3.0.0 | 1998-06-06 | Zeev Suraski e Andi Gutmans reescribiron a base para esta versión.[3] |
4 | 4.0.0 | 2000-05-22 | Engadeuse un sistema de parsing de dúas fases chamado motor Zend.[4] |
4.1.0 | 2001-12-10 | Introdúcense 'superglobales' ($_GET , $_POST , $_SESSION etc.)[4]
| |
4.2.0 | 2002-04-22 | Deshabilítanse register_globals por defecto. Datos recibidos pola rede non son insertados no espazo de nomes global, cerrando posibles ocos de seguridade nas aplicacións.[4]
| |
4.3.0 | 2002-12-27 | Introducese CLI, e CGI.[4][5] | |
4.4.0 | 2005-07-11 | Se engaden páxinas man para phpize e php-config .[4]
| |
4.4.9 | 2008-08-07 | Melloras de seguridade e arranxo de bugs. Último lanzamento da serie PHP 4.4.[6][7] | |
5 | 5.0.0 | 2004-07-13 | Motor Zend II cun novo modelo de obxetos.[8] |
5.1.0 | 2005-11-24 | Melloras de rendemento coa introducción de variables de compilador para o novo motor de PHP.[8] | |
5.2.0 | 2006-11-02 | Activida extensión de filtro por defecto. Soporte JSON nativo.[8] | |
5.2.17 | 2011-01-06 | Arranxo de vulnerabilidade crítica conectada a punto flotante. | |
5.3.0 | 2009-06-30 | Soporte para espazos de nomes ; etiqueta de salto (goto limitada), Clausuras nativas, Soporte nativo para arquivos PHP (phar), recolección de basura para referencias circulares, soporte mellorado para Windows, sqlite3, mysqlnd como reemplazo a libmysql como librería para extensións que funcionan con MySQL, fileinfo como reemplazado de mime_magic para mellor soporte MIME, extensión de Internacionalización, e etiqueta ereg obsoleta. | |
5.3.1 | 2009-11-19 | Cerca de 100 bug fixes. | |
5.3.2 | 2010-03-04 | Gran número de bug fixes. | |
5.3.3 | 2010-07-22 | Maioritariamente arranxo de erros; FPM SAPI. | |
5.3.4 | 2010-12-10 | Melloras a FPM SAPI. | |
5.3.5 | 2011-01-06 | Arraxo de vulnerabilidade crítica relacionada a punto flotante. | |
5.3.6 | 2011-03-10 | Cerca de 60 bug fixes. | |
5.3.7 | 2011-08-18 | Esta versión enfocase na estabilidade con cerca de 90 bug fixes, algúns dos cales teñen implicacións na seguridade. | |
5.3.8 | 2011-08-23 | Esta versión arregla dos errores introducidos por la versión 5.3.7. | |
5.4.0RC3 | 2011-12-08 | Items eliminados: register_globals , safe_mode , allow_call_time_pass_reference , session_register() , session_unregister() e session_is_registered() . Melloras nas caracteristicas exitentes.
| |
6 | ?.? | No date set | O desenvolvemento de PHP 6 foi retrasado porque os desenvolvedores decidiron que o enfoque actual para tratar cadenas Unicode non é correcto, e están considerando formas alternas para a siguinte versión. |
Exemplos de código
- info.php (mostra as características e variábeis do sistema no que está a correr)
<?php
phpinfo();
?>
- data.php (imprime a data no formato día/mes/ano)
<?php
echo date('d/m/Y');
?>
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns Externas
PHP.net
- Website oficial
- Sub-páxinas seleccionadas:
- Sub-dominios seleccionados:
Recursos
Seguranza
- PHP Security Consortium — Grupo internacional de programadores de PHP.
- PHP Security Workbook — Un libro de 55 páxinas sobre varios tópicos de seguranza.
Outras fontes de clases e padróns
Notas
- ↑ PHP: News Archives 2007 (en inglés) Consultado 9 de decembro de 2007
- ↑ PHP: News Archives 2008 (en inglés)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "History of PHP and related projects". The PHP Group. Consultado o 25-02-2008.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "PHP: PHP 4 ChangeLog". The PHP Group. 03-01-2008. Consultado o 22-02-2008.
- ↑ "PHP: Using PHP from the command line - Manual:". The PHP Group. Consultado o 11-09-2009.
- ↑ "Downloads". PHP. Consultado o 29-07-2009.
- ↑ "4.4.9 Release Announcement". PHP. Consultado o 29-07-2009.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "PHP: PHP 5 ChangeLog". The PHP Group. 08-11-2007. Consultado o 22-02-2008.