Don't Hug Me I'm Scared
Modelo:Serie de TV Don't Hug Me I'm Scared (adoito abreviado DHMIS) é unha serie británica de curtos, creada por Becky Sloan e Joseph Pelling en 2011. Foi orixinariamente emitida a través da web dos artistas, aínda que despois foi subida a outras plataformas coma YouTube.[1]
Cada episodio semella a un típico programa infantil de televisión que consiste en monicreques que cantan e falan coma os de Sesame Street, mais eventualmente toma un xiro escuro, adoito empregando gore. A serie é unha parodia dos programas infantís de televisión ironicamente xustapoñendo o manexo de monicreques e números musicais, contido psicodélico e imaxes desacougantes. Cinco episodios foron emitidos até agora[cando?] e trataron sobre a creatividade, o tempo, o amor, a tecnoloxía e a nutrición. Un sexto episodio está planeado para ser producido.[2]
Argumento
Cada episodio xira en torno a Yellow Guy, Red Guy e Duck Guy coñecendo un ou varios mestres antropomórficos, que comezan un número musical relacionado cun concepto básico da vida do día a día cunha melodía optimista semellante a unha canción infantil. A medida que a canción avanta, faise cada vez máis evidente que o "mestre" está sutilmente tentando condicionar ás personaxes principais para que compartan as súas propias opinións e crenzas sobre o tema, cun tono humorístico. O clímax de cada episodio, polo xeral, implica un elemento de shock cun emprego intenso de imaxes gore.
O primeiro episodio presenta un caderno de bosquexos ensinando aos protagonistas sobre a creatividade. O caderno de bosquexos anima aos monicreques a seren creativos a través de actividades infantís, como a interpretación das nubes ou pintando e facendo modelos de brillantina. Isto resulta nunha violenta e esaxerada representación dos monicreque, que comezan freneticamente a bailar e fan pasteis e colaxes con órganos. O vídeo remata con todo aparentemente devolto á normalidade mailo caderno de bosquexos pedindo a todos que "nunca sexades creativos de novo".[3]
O segundo vídeo presenta a Tony the Talking Clock que canta sobre o concepto do tempo e como está relacionado coa vida cotiá. Tony explica como o tempo é empregado para "medir o día" e como todas as cousas cambian co tempo.[4] Esta mensaxe é esaxerada preto do final do episodio co incremento dramatico do paso do tempo mentres os corpos dos monicreques estanse descompoñendo axiña ante os seus ollos. Os eventos foron, sinxelamente, un programa de televisión observado polos tres amigos.[5]
Notas
- ↑ Sloan, Becky and Pelling, Joseph. Becky & Joe’s Art. "Awards." "Festivals." "Talks." beckyandjoes.com. Web. 3 March 2014. <http://beckyandjoes.com/where/>.
- ↑ "Don't Hug Me I'm Scared : The Series by Becky and Joe — Kickstarter". Consultado o 27 de maio do 2014.
- ↑ "Don't Hug me I'm Scared". Consultado o 16 de outubro do 2015.
- ↑ "Becky&Joe are this week's Dazed Visionaries". Consultado o 16 de outubro de 2015.
- ↑ "Don't Hug Me I'm Scared 2 - TIME". Consultado o 16 de outubro do 2015..
![]() | Este artigo non está dentro dunha categoría ou precisa categorías adicionais. Por favor, engádelle as categorías pertinentes e retira o modelo {{Sen categoría}} .Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |