Saltar ao contido

Don't Hug Me I'm Scared

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de decembro de 2015 ás 19:48 por Victortpr (conversa | contribucións) (Argumento)

Modelo:Serie de TV Don't Hug Me I'm Scared (adoito abreviado DHMIS) é unha serie británica de curtos, creada por Becky Sloan e Joseph Pelling en 2011. Foi orixinariamente emitida a través da web dos artistas, aínda que despois foi subida a outras plataformas coma YouTube.[1]

Cada episodio semella a un típico programa infantil de televisión que consiste en monicreques que cantan e falan coma os de Sesame Street, mais eventualmente toma un xiro escuro, adoito empregando gore. A serie é unha parodia dos programas infantís de televisión ironicamente xustapoñendo o manexo de monicreques e números musicais, contido psicodélico e imaxes desacougantes. Cinco episodios foron emitidos até agora e trataron sobre a creatividade, o tempo, o amor, a tecnoloxía e a nutrición. Un sexto episodio está planeado para ser producido.[2]

Argumento

Cada episodio xira en torno a Yellow Guy, Red Guy e Duck Guy coñecendo un ou varios mestres antropomórficos, que comezan un número musical relacionado cun concepto básico da vida do día a día cunha melodía optimista semellante a unha canción infantil. A medida que a canción avanta, faise cada vez máis evidente que o "mestre" está sutilmente tentando condicionar ás personaxes principais para que compartan as súas propias opinións e crenzas sobre o tema, cun tono humorístico. O clímax de cada episodio, polo xeral, implica un elemento de shock cun emprego intenso de imaxes gore.

O primeiro episodio presenta un caderno de bosquexos ensinando aos protagonistas sobre a creatividade. O caderno de bosquexos anima aos monicreques a seren creativos a través de actividades infantís, como a interpretación das nubes ou pintando e facendo modelos de brillantina. Isto resulta nunha violenta e esaxerada representación dos monicreque, que comezan freneticamente a bailar e fan pasteis e colaxes con órganos. O vídeo remata con todo aparentemente devolto á normalidade mailo caderno de bosquexos pedindo a todos que "nunca sexades creativos de novo".[3]

Notas

  1. Sloan, Becky and Pelling, Joseph. Becky & Joe’s Art. "Awards." "Festivals." "Talks." beckyandjoes.com. Web. 3 March 2014. <http://beckyandjoes.com/where/>.
  2. "Don't Hug Me I'm Scared : The Series by Becky and Joe — Kickstarter". Consultado o 27 de maio do 2014. 
  3. "Don't Hug me I'm Scared". Consultado o 16 de outubro de 2015.