Don't Hug Me I'm Scared
Modelo:Serie de TV Don't Hug Me I'm Scared (adoito abreviado DHMIS) é unha serie británica de curtos, creada por Becky Sloan e Joseph Pelling dende 2011. Foi orixinariamente emitida a través da web dos artista, aínda que despois foi subido a outras plataformas coma YouTube.[1]
Cada episodio semella a un típico programa infantil de televisión que consiste en monicreques que cantan e falan coma os de Sesame Street, mais eventualmente toma un xiro escuro, adoito empregando gore. A serie é unha parodia dos programas infantís de televisión ironicamente xustapoñendo o manexo de monicreques e números musicais de contido psicodélicos e imaxes desacougantes. Cinco episodios foron emitidos até agora e trataron sobre a creatividade, o tempo, o amor, a tecnoloxía e a nutrición. Un sexto episodio está planeado para ser producido.[2]
Argumento
Cada episodio xira en torno a Yellow Guy, Red Guy e Duck Guy coñecendo un ou varios mestres antropomórficos, que comezan un número musical relacionado cun concepto básico da vida do día a día cunha melodía optimista semellante a unha canción infantil. A medida que a canción avanta, faise cada vez máis evidente que o "mestre" está sutilmente tentando condicionar ás personaxes principais para que compartan as súas propias opinións e crenzas sobre o tema, cun tono humorístico. O clímax de cada episodio, polo xeral, implica un elemento de shock cun emprego intenso de imaxes gore.
Notas
- ↑ Sloan, Becky and Pelling, Joseph. Becky & Joe’s Art. "Awards." "Festivals." "Talks." beckyandjoes.com. Web. 3 March 2014. <http://beckyandjoes.com/where/>.
- ↑ "Don't Hug Me I'm Scared : The Series by Becky and Joe — Kickstarter". Consultado o 27 de maio do 2014.