Saltar ao contido

Demo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de setembro de 2015 ás 19:21 por HombreDHojalata (conversa | contribucións)

----

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes en Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Un demo é, segundo o cristianismo, un anxo que se rebelou contra Deus e que pasou a loitar pola perdición da humanidade. Na antigüidade, porén, o termo tiña outra connotación, referíase a un xenio que inspiraba os individuos tanto para o ben coma para o mal.

Nas relixións do Oriente Medio, así como nas derivadas das tradicións abrahámicas, incluíndo a demonoloxía medieval cristiá, un demo é considerado un "espírito impuro", o cal pode causar unha posesión demoníaca e pode ser expulsado polo ritual do exorcismo. No ocultismo de Occidente e a maxia renacentista (unha mestura de maxia greco-romana, demonoloxía xudía e tradición cristiá), un demo é unha entidade espiritual que pode ser conxurada e controlada. Na literatura moitos dos demos foron anxos caídos.

Etimoloxía

O termo «demo» vén do grego δαιμόν (transliteración daimon), a través do termo latino daemonium, designando un espírito moi sabio.