Saltar ao contido

Demo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de setembro de 2015 ás 18:58 por Isili0n (conversa | contribucións)

Un demo é, segundo o cristianismo, un anxo que se rebelou contra Deus e que pasou a loitar pola perdición da humanidade. Na antigüidade, porén, o termo tiña outra connotación, referíase a un xenio que inspiraba os individuos tanto para o ben coma para o mal.

Etimoloxía

O termo «demo» vén do grego δαιμόν (transliteración daimon), a través do termo latino daemonium, designando un espírito moi sabio.