Saltar ao contido

Wikipedia:Preguntas máis frecuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Preguntas máis frecuentes sobre a Wikipedia
Atallos:
WP:FAQ
WP:PMF

Esta é unha lista das preguntas máis frecuentes que os usuarios novos poden ter sobre como usar e contribuír na Wikipedia. Se a túa dúbida non está respondida nestas páxinas de axuda, podes deixar unha mensaxe na sección "axuda" da Taberna.

Como creo unha páxina nova?

Non é necesario ter unha conta rexistrada na Wikipedia para crear un artigo. Non obstante, é recomendable facela dado que achega algúns beneficios, descritos na páxina Wikipedia:Como rexistrarse.
Para crear un novo artigo, bótalle unha ollada ás recomendacións expostas en Wikipedia:Como crear unha páxina.

Por que borrastes o meu artigo?

O mellor xeito de atopar o motivo é mirando o rexistro de borrados (escribe o nome exacto do artigo na caixa "Título:", con distinción entre maiúsculas e minúsculas).

Como troco o nome dun artigo?

Para trasladar o artigo, usa o botón "mover". Cómpre ter unha conta de usuario rexistrada de máis de catro días con polo menos dez edicións. Se aínda non es un usuario autoconfirmado, o traslado pode traer controversias ou a páxina que desexas renomear está protexida, solicítao en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios.

Como cambio o meu nome de usuario ou borro a miña conta?

Para cambiar o teu nome de usuario realiza unha solicitude en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios.
Os nomes de usuario non se poden borrar. Podes, no entanto, solicitar un cambio de nome e que as túas páxinas de usuario e máis de conversa sexan borradas incluíndo o marcador {{Lixo}} en ambas.

Cando se publicou a Wikipedia por vez última?

A Wikipedia non é unha enciclopedia en papel. A base de datos en liña actualízase cada vez que un editor modifica unha páxina, polo que está en constante renovación.

Quen escribiu o artigo X na Wikipedia?

Case todos os artigos presentes na Wikipedia están escritos por varios editores, e non simplemente un só. Premendo na lapela "historial" que atoparás na parte superior de calquera artigo, irás parar ata unha lista de todos os colaboradores que construíron o artigo. Se tes intención de unirte a eles, podes botar un ollo antes á páxina Wikipedia:Como comezar a colaborar.

A quen pertence a Wikipedia?

Véxase Wikipedia:Preguntas máis frecuentes/Xeral#A quen pertence a Wikipedia? para obter máis detalles.

Por que hai problemas co acceso ao sistema?

Véxase Wikipedia:Como rexistrarse#Como acceder ao sistema para obter máis detalles.

Hai dispoñibles contadores de estatísticas?

Existe un sitio, non mantido por Wikipedia, que permite ollar as visitas ás páxinas desde decembro de 2007. As listas das páxinas máis visitadas están dispoñibles aquí.