Roderick MacKinnon
Roderick MacKinnon, nado en Burlington (Massachusetts) o 19 de febreiro de 1956, é un bioquímico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química en 2003.
Traxectoria
Estudou bioquímica na Universidade de Brandeis, onde se graduó en 1978, e posteriormente ampliou os seus estudos en medicina na Universidade Tufts. Actualmente é profesor de de Neurobioloxía Molecular e Biofísica da Universidade Rockefeller, así como investigador do Instituto Médico Howard Hughes.
Investigacións científicas
Iniciou as súas investigacións ao redor das toxinas na estrutura en canle do potasio. Durante a década de 1990 a arquitectura molecular detallada das canles e dos medios exactos polos cales transportan os iones seguían suendo especulativos. En 1998, a pesar das trabas científicas no estudo estrutural das proteínas integrais da membrana celular que frustraran a maioría das tentativas, MacKinnon e os seus colegas da Universidade de Cornell conseguiron abrir a arquitectura dunha canle de potasio desde unha bacteria grácias á cristalografía de raios X.
En 2003 foi galardoado co Premio Nobel de Química xunto con Peter Agre. Ambos os científicos foron premiados polos descubrimentos referentes ás canles en membranas celulares, aínda que MacKinnon polos estudos estruturais e mecánicos dos canles iónicos e Agre foino especialmente polo descubrimento do métode do "canle de auga".
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2003 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2003 (en inglés)
- Perfil de Roderick MacKinnon en NNDB (en inglés)
Predecesor: John Fenn, Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich |
Premio Nobel de Química![]() 2003 con Peter Agre |
Sucesor: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose |