Ardipithecus
Ardipithecus Rango fósil: Mioceno - Plioceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar de Ardipithecus ramidus, alcumado Ardi | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
†Ardipithecus kadabba |
Ardipithecus ramidus é unha especie de homínido fósil probablemente bípede do xénero Ardipithecus, é o máis antigo antecesor do ser humano coñecido.
Os restos desta especie atopounos un equipo dirixido por Tim White no curso medio do río Awash, no territorio poboado polos Afar de (Etiopía), a partir de 1992 e para os que estableceu a nova especie de Ardipithecus ramidus en 1995 baseada nos vocablos afar ardi (chan) e ramid (raíz) e no grego pithecus (mono); a antigüidade da especie remóntase a 4,4 millóns de anos. Polo tamaño dos ósos pénsase que era do tamaño dun chimpancé moderno, habitando un medio forestal, presentando os seus dentes un esmalte fino como os dos chimpancés o cal indica que a súa dieta consistía en froitos, follas e en xeral produtos vexetais brandos.
No ano 2005 un equipo da Universidade de Indiana dirixido por Sileshi Semaw encontrou restos dun metacarpio de Ardipithecus ramidus que podería demostrar que era bípede.
- ↑ Stanford, Craig B. (2012). "Chimpanzees and the Behavior ofArdipithecus ramidus*". Annual Review of Anthropology 41: 139. doi:10.1146/annurev-anthro-092611-145724.
Is Ardipithecus a hominin?—that question will likely dominate the paleoanthropological debate over this fossil taxon for years to come.