Saltar ao contido

Dnipro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de setembro de 2014 ás 15:37 por HombreDHojalata (conversa | contribucións)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Vista da cidade.
Catedral de Dnipropetrovsk.

Dnipropetrovsk (en ucraíno: Дніпропетровськ; en ruso: Днепропетро́вск, Dniepropetrovsk) antes chamada Екатериносла́въ, Ekaterinoslav, é unha cidade de Ucraína situada ás beiras do río Dniéper, capital da óblast de Dnipropetrovsk.

Pola súa extensión, trátase da terceira cidade do país, e é un importante centro comercial, industrial e económico de Ucraína. Posúe un gran desenvolvemento tecnolóxico no sector da metalurxia, do armamento e da construción de maquinaria.

Tamén é coñecida como o principal centro aeronáutico do país.

Historia

Centro de Dnipropetrovsk.

A nova Dnipropetrovsk foi fundada en 1776 polo príncipe ruso Grigori Potiomkin por orde de Catarina II de Rusia e foi chamada entre ese ano e 1926 Еkаtеrinoslav.

As fortificacións militares que existen actualmente na cidade existen desde mediados do século XVI.

No estilo arquitectónico das rúas e prazas do centro da cidade consérvanse aínda as pegadas do clasicismo ruso dos séculos XVIII e XIX. Tamén se observan restos de modernismo de inicios do século XX e da monumental arquitectura que caracterizou los anos do Gobierno de Stalin, entre 1930 e 1950.

Deportes

O FC Dnipro Dnipropetrovsk, o equipo de fútbol da cidade, milita actualmente na Premier Liha, que é a primeira división do fútbol dese país.

Transportes

A cidade de Dnipropetrovsk ten un sistema de transporte formado por tranvías, unha rede de liñas de autobuses, trolebuses eléctricos e marshrutkas (minibuses privados). Ademais, a cidade conta cun sistema de metro, o Metro de Dnipropetrovsk, que foi aberto ao público en 1995 e dispón de seis estacións repartidas nunha única liñaa de metro.

Por outra parte, a 15 km ao sueste da cidade se encóntrase o Aeroporto Internacional de Dnipropetrovsk.

Véxase tamén

Ligazóns externas