Saltar ao contido

Pythonidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de febreiro de 2014 ás 09:08 por EmausBot (conversa | contribucións) (Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q184018)
Pitón real

As pitóns ou pythonidae son unha familia de serpes constrictoras. O xénero Python foi descrito por Daudin en 1803. As pitóns pódense distinguir das boas en que teñen dentes no premaxilar, un pequeno óso na parte frontal da mandíbula superior. A maioría das boas dan a luz crías vivas, mentres que as pitóns poñen ovos. Algunhas especies de boas de area (subfamila Ericinae) coñécense erroneamente como pitóns.