Dances with Wolves
Bailando cos lobos | |
---|---|
![]() | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dances with Wolves |
Director | Kevin Costner |
Produtor | Kevin Costner Jim Wilson Jake Eberts |
Guión | Michael Blake |
Intérpretes | Kevin Costner Mary McDonnell Graham Greene Rodney A. Grant |
Música | John Barry |
Fotografía | Dean Semler |
Montaxe | Neil Travis |
Estudio | Tig Productions |
Distribuidora | Orion Pictures |
Estrea | ![]() |
Duración | 181 minutos 236 minutos (corte do director) |
Orixe | ![]() |
Xénero | Aventuras, Romance |
Orzamento | $22.000.000[1]. |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dances with Wolves (Bailando cos lobos) é un filme de temática épica estodounidense dirixido, producido e protagonizado por Kevin Costner, que foi estreado en 1990. É unha adaptación do libro homónimo de 1988 de Michael Blake, e conta a historia dun tenente do Exército da Unión que viaxa á fronteira do oeste americano ata un posto militar abandonado, onde fai amizade ca tribo sioux dos Lakota.
Costner desenvolveu o filme durante un período de 5 anos, contando cun orzamento inicial de $15 millóns. Dances with Wolves tivo elevados valores de produción[2] e gañou sete Premios Oscar, incluíndo o premio ó mellor filme, e un Globo de Ouro ó mellor filme dramático. Moitos dos diálogos están en lakota con subtítulos, traducidos por Albert White Hat, presidente do Departamento de Estudos Lakota da Universidade Sinte Gleska. Foi rodado en Dacota do Sur e Wyoming.
O filme considérase un gran influínte na revitalización do xénero western no cinema de Hollywood. No 2007, Dances with Wolves foi seleccionado para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."[3]
Argumento
En 1860, os Estados Unidos estaban a vivir unha época de grandes cambios, xa que é neste momento cando se produce a conquista do oeste americano. Milleiros de colonos comenzan a emigrar cara o Oeste, ós territorios habitados polos indios. O tenente John J. Dunbar, soldado da Unión, diríxese a un afastado posto fronteirizo que está completamente abandonado. Na súa soidade entra en contacto cos sioux cos que pouco a pouco comeza a relacionarse, e grazas a iso, coñece a "En pé co puño en alto", unha muller branca que foi adoptada pola tribo cando era nena. Esta relación creará un debate nel sobre permanecer fiel ó exército ou manterse xunto ós sioux, ós que considera os seus amigos.
Personaxes
- Kevin Costner como Tenente John J. Dunbar / Bailando con Lobos (lakota: Šuŋgmánit Tȟáŋka Ób Wačhí)
- Mary McDonnell como En pé co Puño en Alto (Napépȟeča Nážiŋ Wiŋ)
- Graham Greene como Ave que patea (Ziŋtká Nagwáka)
- Rodney A. Grant as Vento no seu cabelo (Pȟehíŋ Otȟáte)
- Floyd Red Crow Westerman como Xefe Dez Osos (Matȟó Wikčémna)
- Tantoo Cardinal como Mantón negro (Šiná Sápa Wiŋ)
- Jimmy Herman como Becerro de pedra (Íŋyaŋ Ptehíŋčala)
- Nathan Lee Chasing His Horse como Sorrí moito (Iȟá S’a)
- Wes Studi como o fero guerreiro Pawnee
- Michael Spears como Lontra (Ptáŋ)
- Jason R. Lone Hill como Verme (Waglúla)
- Charles Rocket como Tenente Elgin
- Robert Pastorelli como Timmons
- Larry Joshua como Sarxento Bauer
- Tony Pierce como Spivey
- Kirk Baltz como Edwards
- Tom Everett como Sarxento Pepper
- Maury Chaykin como Fambrough
- Wayne Grace como O Alcalde
Galardóns e nomeamentos
- 1990: 7 Oscars: Mellor película, director, guión, fotografía, son, bso, montaxe
- 1990: Globos de Ouro: Mellor película: Drama
Notas
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Dances with Wolves: Overview" (plot/stars/gross, related films), allmovie, 2007, webpage: amovie12092
- ↑ 2007 list of films inducted into the National Film Registry
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)