Saltar ao contido

Fouce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de marzo de 2013 ás 19:57 por Addbot (conversa | contribucións) (Bot: Retiro 69 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q42233)
Fouce.

A fouce (e o seu diminutivo para un tipo máis pequeno, o fouciño) é un instrumento de labranza composto por unha folla de aceiro curva e afiada pola súa parte cóncava, inserida nun mango de madeira. Este instrumento, que pode ter dentes como unha serra e ser de diferentes tamaños, serve para cortar ou segar herba ou cereais.