Saltar ao contido

Barcelonès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de decembro de 2012 ás 13:09 por Imxavitooh (conversa | contribucións)

Modelo:Comarca de España O Barcelonès é unha comarca da provincia de Barcelona, en Cataluña. O seu nome deriva de Barcelona, a súa capital e concello con máis habitantes e extensión da comarca.

Ten 2.235.578 habitantes, segundo o INE (2008) e unha superficie de 145,69 km², sendo unha das comarcas máis poboadas de España.

Limita ao norte coa comarca de Vallès Occidental, ao nordés coas comarcas de Vallès Oriental e Maresme, ao leste e sueste co mar Mediterráneo e ao oeste coa comarca do Baix Llobregat.

Concellos

Cidade Extensión
(km²)
Poboación
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Barcelona 100,69 1.615.908 16.048
L'Hospitalet de Llobregat 12,39 253.782 20.483
Badalona 21,20 215.329 10.157
Santa Coloma de Gramenet 6,59 117.336 17.805
Sant Adrià de Besòs 3,76 33.223 8.836
145,69 2.235.578 15.345


Véxase tamén

Ligazóns externas