Endoderma



O endodermo é unha das tres capas xerminais primarias que aparecen nas fases máis iniciais do desenvolvemento do embrión. As outras dúas son o ectodermo (capa externa) e o mesodermo (capa media), entanto que o endodermo é a capa máis interna. [1] As células que emigran cara ao interior ao longo do arquénteron forman a capa interna da gástrula, que se desenvolve orixinando o endodermo.
O endodermo consta de células inicialmente aplanadas, que despois se fan columnares. O endodermo formará o revestimento epitelial de moitos órganos.
Elementos derivados do endodermo
A seguinte táboa indica os órganos derivados do endodermo.
Capa | Categoría | Sistema | |
---|---|---|---|
Xeral [2] | Tracto gastrointestinal. | o canal alimentario completo agás parte da boca, farinxe e a parte terminal do recto (que está revestida por involucións do ectodermo), as células que revisten todas as glándulas que verten no tubo dixestivo, incluíndo o fígado e páncreas | |
Xeral | Tracto respiratorio | a traquea, bronquios, e alvéolos dos pulmóns | |
Xeral | Glándulas e órganos endócrinos | o epitelio de revestimento dos folículos da glándula tiroide e do timo | |
aparato auditivo | o epitelio do tubo auditivo e da cavidade timpánica | ||
aparato urinario | a vexiga urinaria e parte da uretra |
O fígado e o páncreas pénsase que derivan dun precursor común.[3]
Nos humanos, o endodermo pode diferenciarse en organos distinguibles xa na 5ª semana do desenvolvemento embrionario.
Notas
- ↑ Langman's Medical Embryology, 11th edition. 2010.
- ↑ A categoría xeral indica que todos ou a maioría dos animais que conteñen esta capa producen a partir dela as partes sinaladas.
- ↑ Zaret KS (2001). "Hepatocyte differentiation: from the endoderm and beyond". Curr. Opin. Genet. Dev. 11 (5): 568–74. PMID 11532400. doi:10.1016/S0959-437X(00)00234-3. Parámetro descoñecido
|month=
ignorado (Axuda)