Exoderme
![]() | Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 12 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
A exoderme é un tecido vexetal situado nas raíces de moitas plantas anxiospermas xusto debaixo da epiderme formado pola(s) última(s) capa(s) de células do córtex que están diferenciadas dun modo especial. A exoderme é un tecido protector, xa que as paredes das súas células están impregnadas de suberina, que forma laminiñas de suberina na membrana primaria ou bandas de Caspary. As laminiñas de suberina poden estar cubertas por máis capas de celulosa ou estar lignificadas, e pode estar acompañada de esclerénquima inmediatamente subxacente. Nalgúns casos as láminas de suberina non son tan evidentes. As células están dispostas de modo moi compacto. Nalgunhas exodermes as células son todas iguais, alongadas e suberificadas como se describiu, pero algunhas plantas (Allium, Asparagus) teñen ademais un segundo tipo de células exodérmicas, curtas e sen suberificar.
A exoderme ten características similares á endoderme (tecido máis interno). A función da exoderme é impedir o paso de auga polo apoplasto (espazos entre as células) e limitalo ao simplasto (atravesando o citoplasma das células). Proporciona protección contra a perda de auga na raíz e tamén serve de defensa contra a entrada de microorganismos. [1]
No talo poden atoparse tamén ás veces capas subepidérmicas protectoras chamadas hipoderme, e este termo tense aplicado tamén á exoderme (hipoderme do talo e hipoderme da raíz), pero en xeral prefírese chamar exoderme á da raíz, porque ten características distintivas.
Notas
- ↑ Raven, Peter H., Ray F. Evert, Susan E. Eichhorn. (2005) Biology of Plants. 7th Edition. W.H. Freeman and Company Publishers