Saltar ao contido

Endoderma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de xullo de 2012 ás 16:24 por Miguelferig (conversa | contribucións)
Durante a gastrulación fórmase o endodermo.
Sección a través dun embrión.
Sección a través dun embrión implantado no útero.

O endodermo é unha das tres capas xerminais primarias que aparecen nas fases máis iniciais do desenvolvemento do embrión. As outras dúas son o ectodermo (capa externa) e o mesodermo (capa media), entanto que o endodermo é a capa máis interna. [1] As células que emigran cara ao interior ao longo do arquénteron forman a capa interna da gástrula, que se desenvolve orixinando o endodermo.[Cómpre referencia]

O endodermo consta de células inicialmente aplanadas, que despois se fan columnares. O endodermo formará o revestimento epitelial de moitos órganos.[Cómpre referencia]

Tecidos e órganos derivados do endodermo

A seguinte táboa indica os tecidos e órganos derivados do endodermo.

Capa Categoría Sistema
Xeral [2] Tracto gastrointestinal. o canal alimentario completo agás parte da boca, farinxe e a parte terminal do recto (que está revestida por involucións do ectodermo), as células que revisten todas as glándulas que verten no tubo dixestivo, incluíndo o fígado e páncreas
Xeral Tracto respiratorio a traquea, bronquios, e alvéolos dos pulmóns
Xeral Glándulas e órganos endócrinos o epitelio de revestimento dos folículos da glándula tiroide e do timo
aparato auditivo o epitelio do tubo auditivo e da cavidade timpánica
aparato urinario a vexiga urinaria e parte da uretra

O fígado e o páncreas pénsase que derivan dun precursor común.[3]

Nos humanos, o endodermo pode diferenciarse en organos distinguibles xa na 5ª semana do desenvolvemento embrionario.

Notas

  1. Langman's Medical Embryology, 11th edition. 2010.
  2. A categoría xeral indica que todos ou a maioría dos animais que conteñen esta capa producen a partir dela as partes sinaladas.
  3. Zaret KS (2001). "Hepatocyte differentiation: from the endoderm and beyond". Curr. Opin. Genet. Dev. 11 (5): 568–74. PMID 11532400. doi:10.1016/S0959-437X(00)00234-3.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos


Modelo:Células humanas derivadas do endodermo