Barcelonès
Aparencia

O Barcelonès é unha comarca da provincia de Barcelona, en Cataluña. O seu nome deriva de Barcelona, a súa capital e concello con máis habitantes e extensión da comarca.
Ten 2.235.578 habitantes, segundo o INE (2008) e unha superficie de 145,69 km², sendo unha das comarcas máis poboadas de España.
Limita ao norte coa comarca de Vallès Occidental, ao nordés coas comarcas de Vallès Oriental e Maresme, ao leste e sueste co mar Mediterráneo e ao oeste coa comarca do Baix Llobregat.
Concellos

Cidade | Extensión (km²) |
Poboación (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
---|---|---|---|
Barcelona | 100,69 | 1.615.908 | 16.048 |
L'Hospitalet de Llobregat | 12,39 | 253.782 | 20.483 |
Badalona | 21,20 | 215.329 | 10.157 |
Santa Coloma de Gramenet | 6,59 | 117.336 | 17.805 |
Sant Adrià de Besòs | 3,76 | 33.223 | 8.836 |
145,69 | 2.235.578 | 15.345 |