Saltar ao contido

Open Web Application Security Project

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de xuño de 2012 ás 22:11 por EmausBot (conversa | contribucións) (r2.7.2+) (Bot: Modifico: it:Open Web Application Security Project)

O OWASP (acrónimo de Open Web Application Security Project, en inglés "Proxecto de seguridade de aplicacións web abertas"), é un proxecto de código aberto dedicado a determinar e combater as causas que fan que o software sexa inseguro.

A Fundación OWASP é un organismo sen ánimo de lucro que apoia e xestiona os proxectos e infraestrutura de OWASP. A comunidade OWASP está formada por empresas, organizacións educativas e voluntarios de todo mundo. Xuntos constitúen unha comunidade de seguridade informática que traballa para crear artigos, metodoloxías, documentación, ferramentas e tecnoloxías que se liberan e poden ser usadas de balde por calquera.