Microsoft Tablet PC

Un Tablet PC é un computador a medio camiño entre un computador portátil e un PDA, no que se pode escribir a través dunha pantalla táctil. Un usuario pode utilizar un apuntador (estilo ou stylus) para traballar co computador sen necesidade de teclado ou rato. Este aparato foi propugnado por Microsoft e outros fabricantes.[Cómpre referencia]
Esta modalidade de computador portátil supuxo un avance significativo na aplicación dos estudos en lingüística computacional.[Cómpre referencia]
Existen modelos que só achegan a pantalla táctil a modo de encerado, sendo así moi lixeiros. Tamén hai computadores portátiles con teclado e rato, chamados convertíbeis, que permiten rotar a pantalla e colocala como se dun encerado se tratase, para o seu uso como tablet PC.
Sistema Operativo
O sistema operativo que empregan a maioría destes dispositivos é unha evolución do Windows XP optimizado para traballar con procesadores móbiles, que consomen menos enerxía. O software especial que proporciona este sistema operativo permite realizar escritura manual, tomar notas a man alzada e debuxar sobre a pantalla.
Empresas de Fabricación
A empresa española Tuxum creou o primeiro computador-encerado que funciona con GNU/Linux,[Cómpre referencia] concretamente cunha metadistribución de Debian, adaptada para lle engadir recoñecemento de escritura. Outros fabricantes de tablet PC son HP e Fujitsu.