Refused
| Refused | |
|---|---|
| Orixe | Umeå, Suecia |
| Período | 1991 - 1998 2012 - actualidade |
| Xénero(s) | hardcore punk, art punk |
| Selo(s) discográfico(s) | Burning Heart |
| Membros | Dennis Lyxzén David Sandström Kristofer Steen Jon Brännström |
| Antigos membros | Magnus Björklund Jonas Eriksson Pär Hansson Magnus Höggren Aimon Clarklund Henrik Jansson Anders Johansson Jonas Lindgren Ulf Nyberg Jesper Sundberg |
| Na rede | |
| officialrefused.com | |
Refused foi unha banda sueca de hardcore punk procedende de Umeå, formada no ano 1991. A composición final da banda estaba formada polos seus membros fundadores: o vocalista Dennis Lyxzén e o baterista David Sandström, así coma os guitarristas Kristofer Steen e Jon Brännström. As súa letras teñen unha perspectiva revolucionaria de esquerdas, e tratan os temas da moralidade clasista e burguesa, a represión autoritaria, a homofobia, os dereitos dos animais, a prensa, e a inutilidade da "demacracia representativa".
A banda editou cinco EPs e tres álbums antes de separarse en 1998. A revista Kerrang! situou ao seu álbum The Shape of Punk to Come no número 13 da súa lista do 50 álbums máis importantes de todos os tempos. O álbum tamén foi nomeado por varios críticos coma o mellor álbum de hardcore de todos os tempos. Varios meses de intensa xira e tensións internas remataron coa disolución da banda, despois de que o seu derradeiro concerto nos Estados Unidos fose disolto pola policía. Despois do fin do grupo Lyxzén pasou a liderar a banda de garage rock The (International) Noise Conspiracy.
En xaneiro do ano 2012 a banda anunciou a súa reunión, confirmando a súa actuación nos festivais de Coachella e Way Out West Festival.
Discografía
Álbums
- This Just Might Be the Truth - 1994 (Startrec, Burning Heart)
- Songs to Fan the Flames of Discontent - 1996 (Victory)
- The Shape of Punk to Come: A Chimerical Bombination in 12 Bursts - 1998 (Burning Heart Records)
Recompilatorios
- The E.P. Compilation - 1997/2002 (Burning Heart Records)
- The Demo Compilation - 1997 (Burning Heart Records)