Saltar ao contido

Australopithecus afarensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 13 de outubro de 2011 ás 04:42 por Luckas-bot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (Bot: Engado: sk:Australopitek afarský)
Australopithecus afarensis
Estado de conservación
Extinta
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Australopithecus
Nome científico
Australopithecus afarensis
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


O Australopithecus afarensis foi unha especie homínida que viviu hai entre 4 e 2,9 millóns de anos. O 30 de novembro de 1974 (outras fontes dan a data do 24 de novembro), Donald Johanson e o seu equipo descubriu en Hadar, na Depresión afar (Etiopía), un esqueleto case completo dunha femia homínida de 3,18 millóns de anos, á que lle deron o nome de Lucy (AL 288-1), pola canción que escoitaban, Lucy in the Sky with Diamonds dos Beatles, no momento de celebrar a descuberta. En 1978 denominaron á especie Australopithecus afarensis. As pisadas de Laetoli, dunha antigüidade de 3,7 millóns de anos, realizáronas individuos desta especie.

Ata o momento descubríronse restos duns 300 individuos, todos na rexión do Gran Val do Rift. O seu cerebro era pequeno (430 cm³), semellante ao dun chimpancé, pero claramente bípede e con molares e dentes pequenos. A especie presenta un claro dimorfismo sexual: as femias tiñan unha altura de 1,2 m e 30 kg de peso e os machos 1,5 m e 45-50 kg. As extremidades superiores eran máis longas cas inferiores, o que lle daba un aspecto simiesco e indica que podían gabear facilmente ás árbores. A súa alimentación era vexetariana.