Java Server Pages
Aparencia
JavaServer Pages, tamén coñecida polo acrónimo JSP, é unha tecnoloxía Java que permite xerar contido dinámico para un sitio web, en forma de documentos HTML, XML ou doutro tipo.
Características
Esta tecnoloxía foi desenvolvida pola compañía Sun Microsystems. A Especificación JSP 1.2 foi a primeira que se liberou[Cómpre referencia] e na actualidade (2010) está dispoñíbel a Especificación JSP 2.1.
As JSP's permiten a utilización de código Java mediante scripts. Ademais é posible utilizar algunhas accións JSP predefinidas mediante etiquetas. Estas etiquetas poden ser enriquecidas mediante a utilización de Librerías de Etiquetas (TagLibs ou Tag Libraries) externas e ata personalizadas.
![]() | Este artigo non está dentro dunha categoría ou precisa categorías adicionais. Por favor, engádelle as categorías pertinentes e retira o modelo {{Sen categoría}} .Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |