Saltar ao contido

Java Server Pages

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 13 de setembro de 2010 ás 20:40 por Estevoaei (conversa | contribucións) ({{sencat}})

JavaServer Pages, tamén coñecida polo acrónimo JSP, é unha tecnoloxía Java que permite xerar contido dinámico para un sitio web, en forma de documentos HTML, XML ou doutro tipo.

Características

Esta tecnoloxía foi desenvolvida pola compañía Sun Microsystems. A Especificación JSP 1.2 foi a primera que se liberou[Cómpre referencia] e na actualidade (2010) está dispoñíbel a Especificación JSP 2.1.

As JSP's permiten a utilización de código Java mediante scripts. Ademais é posible utilizar algunhas accións JSP predefinidas mediante etiquetas. Estas etiquetas poden ser enriquecidas mediante a utilización de Librerías de Etiquetas (TagLibs ou Tag Libraries) externas e ata personalizadas.