Wikipedia:Preguntas máis frecuentes
Esta é unha lista das preguntas máis frecuentes sobre como usar e contribuír na Wikipedia que os usuarios novos poden ter. Se a túa dúbida non está respondida nesta páxina, por favor, deixa unha mensaxe na sección "axuda" da Taberna. Que é a Wikipedia? Cales son os seus obxectivos?A Wikipedia é unha enciclopedia de contido libre baseada na tecnoloxía wiki, a cal permite a súa edición por calquera usuario desde un navegador web. A Wikipedia está dispoñible en moitas linguas e é desenvolvida de xeito colaborativo por centos de voluntarios que poden ser sumamente heteroxéneos, achegando, ademais de diferentes linguas, diferentes culturas e mesmo civilizacións. Que é a Galipedia?É o nome que a comunidade de editores lle deu á Wikipedia en galego. A Galipedia botou a andar o 8 de marzo de 2003. Como podo colaborar coa Galipedia?Podes colaborar de moitos e diversos xeitos: ampliando artigos curtos, escribindo novos artigos, corrixindo erros, proporcionando imaxes ou fotografías para ilustrar os artigos, e de outras moitas máis maneiras que se che poidan ocorrer! Que contidos podo escribir na Galipedia?Ademais de poder colaborar en calquera artigo xa creado, podes crear artigos novos sobre calquera tema merecedor de estar nunha enciclopedia. Unha enciclopedia baséase en poder ofrecer a máxima cantidade de información que poida ter un interese xeral. Poderei empregar contidos procedentes da Wikipedia?Por suposto que si. Sempre que os utilices respectando a súa licenza de uso. En que lingua podo escribir na Galipedia?A Galipedia é unha enciclopedia en galego, polo que debes usar este idioma ao escribir artigos nela. Os artigos creados en castelán, portugués, inglés ou calquera outra lingua serán borrados, pois xa existen as correspondentes versións da Wikipedia en máis de 270 linguas. Se tes dificultades coa lingua galega, podes buscar información na Normativa oficial do galego ou no Curso de lingua galega. Podo ver as diferentes modificacións que sufriu un artigo desde a súa creación?Si, é tan sinxelo como premer sobre a lapela "historial", onde poderás comparar as diferentes versións da páxina vendo as mudanzas que se realizaron en cada edición. Podo incluír imaxes nos artigos?Naturalmente. Mais ten en conta que moitas das imaxes que circulan pola rede non cumpren os criterios sobre o copyright. Se estiveses decidido a incluír imaxes nos artigos, deberías ler a política de uso de imaxes e tamén a axuda sobre como engadir imaxes. Pódense asinar os artigos?Non. Na Galipedia pode colaborar libremente toda aquela persoa que o desexe. Un mesmo artigo pode estar editado por varias persoas, polo que non tería sentido que estivese asinado. De todos os xeitos, as túas contribucións quedan recoñecidas no historial da páxina (fai clic na lapela superior "historial" para velo) co teu nome de usuario ou co enderezo IP, se colaboras anonimamente. O que si podes (e debes) é asinar os teus comentarios nas páxinas de conversa e mais nas votacións. Quero colaborar, mais non estou seguro de saber como facelo...Se non sabes como funcionan as páxinas wiki, olla a guía básica de edición. Nesa páxina acharás os recursos máis utilizados na Galipedia, cos que poderás ter as nocións básicas para saber editar páxinas. |